Resumo do Pleno

Pleno de Febreiro Concello de Xove

Grupo municipal BNG Xove

Preguntas sobre cribado, residencia de maiores, servizo de axuda no fogar e axudas á hostalería e autónomos.

- Preguntamos ó equipo de goberno pola xestión da pandemia e polas actuacións levadas a cabo polo mesmo durante esta terceira vaga no Concello.

- Preguntamos pola evolución da situación e necesidades na residencia de maiores e Servizo de Axuda no Fogar, información que nos chegou sempre por medios alleos as administracións e tras atravesar unha terceira vaga de pandemia, para a nosa vila a máis agresiva sen dúbida, a información oficial ofrecida polo Concello á oposición segue a ser tan escasa coma na primeira e na segunda, é dicir nula.

- Pedimos información polas condicións nas que se realizou o cribado masivo no Concello, dende a alcaldía alegouse o amparo nun comité clínico que dificilmente pode xustificar os termos no que foi realizado.

- Dende o Grupo Municipal do BNG de Xove deixouse claro que na situación crítica que atravesou e está a atravesar a vila, dito cribado debería ser xeral e extrapolado a toda a veciñanza.

- Preguntamos á alcaldía polas axudas á hostalería, sector que está a ser excesivamente castigado nesta situación e que está a pagar a inoperante xestión e incompetencia política da Xunta e si ten previsto o Goberno Municipal algunha axuda a curto ou medio prazo para paliar os efectos económicos desta terceira vaga.

- O Goberno municipal prefire deixar en mans da Xunta a concesión deste tipo de axudas, esa política de botar balóns fóra mentres o sector da hostalería, turismo e autónomos cargan sobre as súas costas os efectos da inactividade económica.

- Dende o Concello tampouco se deixou clara a intención de poñer freo á ausencia de ingresos destes negocios, activando un plan de axudas económicas directas.

Dende o Grupo Municipal do BNG de Xove cremos que é primordial e necesario apoiar nestes momentos a aqueles sectores que se viron obrigados a cesar a actividade, establecer unha liña de axudas transversais que sirvan para que os traballadores e empresarios podan volver á normalidade unha vez rematada está situación e non abocar os negocios e a riqueza da vila a un peche permanente.