Falta de investimento e previsión no abastecemento local de auga

Restricións de auga en Xove: preguntas e reflexións razonables

Aviso da seca nos nosos areais

Visto o bando da alcaldía do pasado 31 de xullo, recibimos coa mesma incredulidade que o resto das veciñas e veciños de Xove, a nova da escasa de auga na rede de abastecemento local. Á vez sumámonos, por responsabilidade, ás recomendacións ditadas e tamén como é a nosa responsabilidade, demandamos respostas ás seguintes cuestións plantexadas e presentadas xa na sede dixital. Tamén compartimos con vós algunhas reflexións.

Preguntas ao goberno local:

  • Que foi da suposta ampliación do embalse do Turrillón?

 

  • O encoro actual é capaz de soster o consumo humán e o cauce ecolóxico do Río Rigueira ao mesmo tempo?

 

  • Mesmo en época de choivas, a rápida baixada do caudal de dito río é normal?

 

  • Após un ciclo de catro anos de seca, qué medidas se tomaron?

 

  • Despois deste ciclo de seca, como se agardou ata o momento máis crítico para revisar as canalizacións?

 

  • Tivéronse en conta os recursos e infraestruturas hídricas  cando se concederon as licencias de obra das novas edificacións  de Palmeiro ou cando se executan obras municipais como a área de autocaravanas?

 

  • Deben as fontes que non están conectas "á traída" correr libremente ou debe valorarse a posibilidade de que sexan de "pulsador"?

 

  • Que campañas de concienciación levou a cabo a alcaldía nestes 16 anos tendo en conta que a concienciación de consumo responsable de auga é unha exixencia europea?

 

Reflexións do Grupo Municipal do BNG:

  • As nosas preguntas radican en que o goberno municipal é o único coñecedor da situación hidrográfica e da situación das súas infraestruturas e recursos e como tal, debe dar explicacións á veciñanza.

 

  • Levamos anos de seca como anos levamos tamén coa problemática da turbidez da auga.

 

  • Debemos ser conscientes de que si Xove, unha vila de Galiza na que as precipitacións están por enriba da media da maioría das vilas do Estado, está a sufrir este tipo de restricións; é debido a que nos últimos anos non se planificou nin invisteu axeitadamente nesta materia.

 

  • O aumento do remanente municipal non pode ser a costa da deficiencia nos servizos básicos da veciñanza.

 

  • Se apostamos polo turismo, faise con todas as consecuencias: téñense que evitar situacións como as actuais nas que se restrinxe o uso da auga nos nosos areais por falta de infraestrutura. Noutros puntos do Estado onde chove menos, non están a padecer estas carencias.

 

  • Non é lóxico nin de recibo que logo de todos estes anos nos que pasaron tantos cartos polas arcas municipais, esteamos peor que hai 16 anos no que ao abastecemento de auga se refire.