Achegámosvos un resumo dos plenos ordinarios de agosto e outubro, plenos curtos e transcurridos nun ambiente medianamente “cordial” si os comparamos cos anteriores; dende o Grupo Municipal do BNG insistimos nos seguintes temas durante as sesións:
- Presentamos unha moción, instando á Xunta de Galiza a creación dun plan galego de reactivación económica; pedimos a derogación íntegra da correntemente coñecida como “lei montoro” quedando clara a vontade do BNG de Xove de non ceder un só euro do noso remanente municipal, e para que o mesmo vaia dirixido á mellora da vida cotiá dos veciños. O noso remanente xestionámolo nós. Acadouse a unanimidade do goberno pleno.
-Preguntamos pola seguridade e calidade das augas nos areais de Lago e Morás, despois de que se tivera que prohibir o baño nos mesmos, puntualmente durante este verán. Fumos insistentes en que se ten que aumentar a frecuencia das análises e o control para a seguridade dos bañistas e da biodiversidade.
-Preguntamos no mes de agosto tamén polas previsións de aperturas das instalacións deportivas municipais, piscina pública e pavillón polideportivo. Fixemos fincapé no garante das medidas de seguridade debida á situación actual. Na actualidade co servizo de piscina xa en funcionamento seguimos de preto o correcto e seguro funcionamento das instalacións así como as condicións dos traballadores municipais neste eido.
-Pregúntouse polas actuacións realizadas ou previstas para o Castro de Coto da Vela.
-Votouse favorabelmente e por unanimidade o acordo para a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo da Escola Infantil, dita ordenanza eximirá o pago da taxa a aquelas familias a partires do segundo fillo (inclusive) e sucesivos. Demostramos así a vontade dialogante do BNG de Xove sempre e cando o diálogo sexa construtivo e dirixido á mellora dos servizos dos veciños e do interese común.
-Preguntamos tamén pola frecuencia e método de limpeza dos colectores de lixo. Uns colectores que en moitas zonas precisan da súa desinfección con máis frecuencia pois son fontes habituais de malos olores e falta de hixiene.
-Pedimos información polo proceso de instalación de fibra óptica nas zonas rurais da vila, que tipo de servizo e empresas implicadas. Cremos dende o noso grupo político que unha boa conexión á rede independentemente da xeografía do concello é vital para adecuarnos ó futuro e ás novas actividades produtivas e económicas.
-Solicitamos información para a realización do obradoiro de manualidades e Xove ponte en forma; que o engloban actividades coma ioga, pilates, pilates para maiores de 50 anos, aeróbic e ximnasia de mantemento; actividades as cales serán en principio as que se impartirán este ano. Recollimos información para asegurar a seguridade sanitaria e hixiénica das usuarias. Con todo isto queremos reafirmar o noso apoio á reactivación das actividades pois nestas circunstancias o que nos corresponder é apoiar.
Seguimos adiante como non pode ser doutra maneira neste atípico ano no que unha pandemia convive coa inquedanza dunha comarca ameazada pola multinacional ALCOA. Unha multinacional que non tiña en conta en primeiro lugar a incansable loita dos traballadores e veciños de toda A Mariña coa causa, e en segundo lugar co traballo dun mariñao, chamado Néstor Rego, que ven de presentar unha iniciativa para a intervención do Estado e salvagardar os postos de traballo da factoría. É o momento de que Xunta e Goberno se poñan a traballar dunha vez pois son moitas a s semanas e é moito o sufrimento que estamos a pasar, esta comarca demostrou saber loitar, demostren vostedes saber gobernar.
Estamos nun momento decisivo neste proceso, cómpre non levantar o pé, dende o BNG sempre tivemos claro que AS CUBAS NON SE PARAN!